Que son os CRA?
13/03/2009Os CRA son agrupacións de escolas unitarias da zona rural dun ou varios concellos constituíndo un só colexio público.
As escolas agrúpanse coa finalidade de acadar novas expectativas pedagóxicas; deste xeito, as antigas escolas unitarias pasan a ser unidades do Colexio Rural Agrupado permanecendo situadas nas mesmas localidades.
Obxectivos xerais dos CRA
05/03/20091. Elevar a calidade do ensino nas comunidades rurais.
2. Conseguir unha participación activa de tódolos membros da comunidade Educativa, contribuíndo á revitalización socioeconómica e cultural das escolas unitarias, evitando o desarraigo dos nenos e nenas do seu contorno familiar e natural.
3. Enriquecer o labor docente formando equipos permanentes de traballo, evitando o illamento persoal e profesional, de xeito que repercuta na formación dos nenos e nenas
4. Elaborar e aplicar proxectos pedagóxicos conxuntos que permitan unha innovación pedagóxica que parta da realidade do neno e nena.
5. Non separar as nenas e os nenos da súa familia e do seu contorno ata que acaden a madurez suficiente.
6. Lograr unha mellor comunicación do profesorado buscando máis incentivación pedagóxica, na procura dunha meirande calidade do ensino.
7. Descubrir e vivenciar as nosas tradicións.
8. Fomentar o uso do galego como lingua de comunicación e aprendizaxe.
Os Colexios Rurais Agrupados en Galicia
05/03/2009
Os colexios rurais agrupados, un novo modelo educativo no medio rural
Galicia presenta dende o punto de vista escolar unha grande diversidade, consecuencia da propia variedade rexional nos seus aspectos xeográficos, socioeconómicos e demográficos, que orixinan a diseminación dos numerosos núcleos de poboación e motivan que o mapa escolar sexa moi heteroxéneo.
A aplicación da Lei Xeral de Educación de 1970 modificou substancialmente o panorama escolar de Galicia, xa que a meirande parte das escolas unitarias foron substituídas por concentracións escolares situadas nas capitalidades dos concellos, pasando a ser o transporte do alumnad un fenómeno xeneralizado.
A partir de 1982 prodúcese un proceso en senso contrario, de tal xeito que a Administración Educativa de Galicia volve poñer en funcionamento moitas escolas unitarias que pecharan no proceso anterior, escolarizando nelas non só alumnado de 4 e 5 anos (nivel non obrigatorio, pero demandado pola sociedade), senón tamén alumnado de 1º e 2º de EXB, fundamentalmente.
As escolas rurais, maioritariamente unitarias, son consideradas de novo como institucións educativas especificamente idóneas e elementos de revitalización socioeconómica e cultural das zonas rurais de Galicia.
Sen embargo, a partir da década dos 90 o número das escolas unitarias vense reducindo progresivamente, debido á baixa da natalidade e ao traslado das familias do medio rural ao urbano.
Hello world!
20/02/2009Welcome to WordPress.com. This is your first post. Edit or delete it and start blogging!
Escrito por crasga
Escrito por crasga
Escrito por crasga 

